Mostra do Ensino Superior en Galicia
LUGAR DE CELEBRACIÓN: EXPOCORUÑA
DATA DE CELEBRACIÓN: 11-14 FEBREIRO 2009.
HORARIO: 10:00h-20:00h, de mércores a sábado
ACCESO LIBRE E GRATUITO.
FINALIDADE
- Promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ofrecerlles aos visitantes toda a información sobre a oferta formativa do ensino superior (universidades, formación profesional e ensinanzas artísticas) na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Informar e orientar de modo individual sobre as liñas de bolsas, axudas e premios ou residencias para o alumnado que accede á universidade, á formación profesional e ás ensinanzas artísticas.
- Difundir as posibilidades de estadías formativas no estranxeiro tanto na universidade como na formación profesional (Erasmus, Leonardo,...).
- Informar sobre as novidades dos próximos títulos de formación profesional.
- Destacar as relacións formativas entre os ciclos de grao superior e a universidade (validacións de créditos formativos na universidade por ciclos de grao superior).
- Coñecer as ensinanzas máis demandadas polos sectores productivos de Galicia.
Achegar información sobre as PAAU (probas de acceso á universidade) e o sistema de acceso á universidade. - Achegar información sobre o sistema de acceso a ciclos formativos, ben de xeito directo ou ben mediante proba.
- Divulgar o papel das universidades e da formación profesional na promoción científica e tecnolóxica de Galicia.
- Dar a coñecer o protagonismo e as oportunidades dos titulados de formación profesional no mundo laboral, como emprendedores e como traballadores, que dan resposta ás novas demandas profesionais, enriquecendo o texido produtivo de Galicia.
Informar sobre a vida nos sete campus universitarios de Galicia (cultura, deportes, residencias, comedores, transporte, etc.). - Coñecer as posibilidades de formarse o longo da vida (formación > emprego > formación)
Informar sobre o Espazo Europeo de Educación Superior. - Difundir outras posibles accións da consellería.
Teléfono 981 54 54 46981 54 65 46
Email forumorienta@edu.xunta.es
Web www.forumorienta.es
Observacions
Acceso libre e gratuito Estudiantes de Bacharelato e FP, estudantes universitarios, profesores, orientadores, nais e pais. Comunidade educativa en xeralPostos, exposicións, demostracións, deporte, charlas, selectividade, experimentos, saídas profesionais, investigación, axudas ao estudo
No hay comentarios:
Publicar un comentario